GALEJOBS SELECCIÓN
Location
A Coruña | Spain
Job description
¿Es técnica/o en farmacia ou parafarmacia?, ¿estás habituada/o á atención ao cliente?, ¿traballaches algunha vez co software Farmatic?...se é así, continua lendo porque esta oferta é do teu interese:
Buscamos a unha persoa para traballar en contacto directo coas farmacias, resolvendo todas as dúbidas e incidencias que poidan ter en relación co software Farmatic.
Entre as túas funcións, destacamos:
- Atención telemática a farmaceúticas/os e staff de farmacia.
- Formación ás farmacias que usen o programa.
- Formación a centros de FP nos cales se cursen ciclos relacionados coa xestión das farmacias.
Son requisitos para o posto:
- Titulación en farmacia/parafarmacia.
- Coñecemento integral do funcionamento dunha oficina de farmacia.
- Experiencia mínima dun ano con Farmatic.
- Valoraremos tamén o bo manexo de ferramentas ofimáticas e Excel.
Horario: de L a V de 9 a 14 e de 16 a 19, librando dúas tardes de venres ao mes.
Cada 8 semanas terás que facer unha garda non presencial e a semana posterior á garda contarás cun día libre adicional.
Ofrecemos: Contrato indefinido + seguro médico privado + móvil de empresa + coche de empresa cando sexa necesario para un desplazamento.
Inscríbete!
Posto : Técnica/o Parafarmacia ou Farmacia Soporte.
Job tags
Salary
22500 €/año